InicioOpiniónDía 23 de corentena: todo ten a súa parte boa

Día 23 de corentena: todo ten a súa parte boa

"Atopamos na casa aquelas cousas que criamos perdidas e que nos fan pensar no que fomos. Facemos aquela chamada telefónica que tiñamos pendente e sempre fomos deixando". Continúa a bitácora colectiva, hoxe dende o Xornal de Lemos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Andrés Pavón | “Tres semanas xa! Difícil de dixerir porque non estabamos afeitos. E nunca pensamos chegar a isto. Nin o 8 de marzo cos campos de fútbol cheos consideramos o que viña. Si, xa sabemos, había tres iluminados que nos advertiron. Sempre os hai. Seguro que tamén fixeron a predición contraria. Por ser previsores e ter as costas ben cubertas.

Pero, agoreiros á marxe, vexamos o positivo, que o hai, desta situación. Podemos pasar o tempo que sempre lle debiamos á familia, pero nunca tiñamos. Atopamos na casa aquelas cousas que criamos perdidas e que nos fan pensar no que fomos. Facemos aquela chamada telefónica que tiñamos pendente e sempre fomos deixando, descubrimos cousas, como o cobertor do microondas, que non sabiamos que existían… Elementos pequenos que, ben mirados, son grandes na medida en que nos reconcilian coa vida que tiñamos agochada.

Se somos quen de vencer a ansiedade e de tomarnos un respiro, saberemos valorar a parte boa da experiencia que estamos a vivir. Porque do que non hai dúbida é de que estamos ante algo único e agardemos que irrepetible“.

Podes ler o artigo completo de Andrés Pavón no Xornal de Lemos.  A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...