InicioOpiniónDía 12 de corentena: as escusas para saltarse o confinamento

Día 12 de corentena: as escusas para saltarse o confinamento

Durante esta corentena, non son poucos os vídeos virais que corren pola rede en busca do clic fácil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

X.M.F. | […] Seica se está vendo a xente que aproveita para pasear cunha barra de pan debaixo do brazo. E nin sequera importa a hora do día, co cal canta moito que se veña da panadería. Tamén contan farmacias que a xente é pouco de reciclar medicinas e xusto agora, mirade que casualidade, está indo xente con medicinas caducadas. Para facer máis paseos non as levan todas xuntas, van aos poucos. Estas mesmas farmacias din tamén que se deron casos de xente que mete medicamentos nunha bolsa e sae a pasear. Se os paran, din: “veño da farmacia”. Pero ollo, xa advirten que levemos o tique por se nos piden acreditar esa compra.

As múltiples visitas ao estanco ou aos supermercados tamén son un recurso destes días. Hai caixeiras/os que xa coñecen a eses ou esas que van tres ou catro veces ao día mercar, “podendo levar todo dunha vez”, din. A escusa de pasear o can non é tal escusa, porque está permitido. O que chama a atención é que, segundo nos chegou dalgún policía municipal, haxa xente que pasee o can ata 2 ou 3 quilómetros máis alá da casa. E xa non comento o caso do tipo de Coruña que alugaba os cans, que puxo un anuncio e que xa o pillaron como reincidente…

Podes ler o artigo completo de X.M.F. no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...