InicioOpiniónDía 11 de corentena: a crise sanitaria que obriga a cuestionar o...

Día 11 de corentena: a crise sanitaria que obriga a cuestionar o sistema económico

« Non somos autosuficientes. Agora que a COVID-19 chega a América, como imos competir no mercado internacional para ter máscaras? Simplemente non vai haber. Temos que ser conscientes do modelo social e económico que construímos e o fracaso e o risco que implica »

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ana Belén Fernández |  Unha das cousas boas da aparición da COVID- 19 é o papel que cada un de nós xoga individualmente para o control da epidemia. E falo a nivel mundial. A responsabilidade de cada un de nós repercute a nivel global, e por suposto, cercano. Todos coincidimos na trascendencia que ten o que estamos vivindo. […] Iso fainos iguais, máis ca nunca; nun sistema global/xeral que está na corda frouxa.

[…] A COVID-19 chegou e agora non se quere ir da casa e, por riba, estao revolvendo todo ao seu paso. Pero é que revolvendo atopou un montón de merda (e a que atopará!) que estaba aí, nos países, nos organismos, nas estruturas, na organización como sociedade, nas administracións e empresas, en moito do que ata agora considerabamos bo ou malo, nas familias, no individuo, en como vivimos.

“Isto é unha loucura, é un fracaso de modelo social”, dixéronme á outra banda do teléfono. “Este ten que ser tempo de reflexión sobre o propio capitalismo, sobre a globalización e sobre o modelo de produción e de sistema que temos, onde non somos capaces de producir mascarillas.”

Podes ler o artigo completo de Ana Belén Fernández no Xornal de Lemos. A peza forma parte dun ‘Diario de corentena‘ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...