InicioMovementos sociaisNova edición do insuaCamp coa benvida da Deputación

Nova edición do insuaCamp coa benvida da Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu este luns na Casa das Insuas ás 20 persoas que participan durante esta semana no XI insuaCAMP que organiza a Asociación Galega de Custodia do Territorio e que financia a institución provincial. Trátase dunha iniciativa formativa que reúne a estudantes universitarios e persoas especializadas no estudo da biodiversidade para afondar en metodoloxías de investigación e conservación de diferentes grupos faunísticos das Insuas do Miño, na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Durante a súa intervención, Carlos López destacou o compromiso da Deputación de Lugo coa protección do patrimonio natural e recordou ademais que “seguiremos apoiando entidades como a Asociación Galega de Custodia do Territorio, porque fomentan a formación e a investigación, facendo que espazos como as Insuas do Miño sexan tamén un referente no coñecemento e na conservación da biodiversidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...