InicioMovementos sociaisÚltimos días para solicitar a participación nas actividades formativas do programa Da...

Últimos días para solicitar a participación nas actividades formativas do programa Da Escola á Granxa

As bases e os formularios de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural e do Mar

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mércores 15 de abril pecha o prazo para solicitar a participación no programa Da Escola á Granxa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As asociacións de nais e pais teñen ata esa data para sumarse ao programa, que ofrece subvencións entre os 300 e os 1.100 euros para financiar o desprazamento e as actividades educativas nas  granxas e producións agroalimentarias que integran o catálogo formativo.

O deputado Daniel García animou ás anpas que aínda non o fixeron a solicitar a participación no programa, que nesta quinta edición reforzou a súa proposta formativa coa incorporación de 7 granxas novas con respecto á pasada edición e que ofrece un catálogo con  producións diversas, desde a produción de mel, froita e produtos da horta ata a cría
gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou conservas.

O responsable de Rural agradeceu “as granxas participantes a súa implicación en deseñar as actividades para os nenos e as nenas que as visitan, mostrándolles a importancia do sector primario na produción de alimentos e na conservación do territorio” e destacou que “a rede de proxectos que conforman o catálogo educativo reflicte a aposta polas granxas familiares, os modelos de produción sostibles e a diversificación produtiva que apoiamos con diferentes iniciativas desde a área de Rural”

As bases e os formularios de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural e do Mar (Subvencións Rural – concorrencia Da Escola á Granxa | Deputación de Lugo )

Granxas Participantes

As granxas e producións agroalimentarias que se incorporan ao programa este ano son a queixaría Bisqato de Guitiriz, a granxa ecolóxica Finca Agroecolóxica O Balado de Ribadeo, que cultiva produtos de horta e froiteiras e cría coellos e ocas e patos, a Gandería Feral de Outeiro de Rei, que cría porco celta, as producións apícolas Mel Casa da Torre de Cervantes, Mel das Fadas de O Incio e O Espírito da Colmea de Antas de Ulla e O Muíño de Coea de Castro de Rei, dedicado á elaboración de fariña e á cría de Galiña de Mos e Piñeira.

Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición: A Horta da Sancoveiga de Vilalba, dedicada ao cultivo de horta e avicultura ecolóxica, Agroalimentaria Laurentina de Lourenzá, de horta e árbores froiteiras, as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e  Cachenas de San Breixo de Triacastela, as gandarías de leite Gandería Castelo SC de A Pastoriza, Gandería Cid de Barreiros e Os Arroxos SL de Castro de Rei, a produción de mel Pingas de Gaia de Vilalba, as granxas en ecolóxico e con diversificación produtiva Casa Benito do Incio  e Gandería Docampo de Castroverde, a produción de horta e conservas Ribeiregas de Negueira de Muñiz e a granxa de razas autóctonas da asociación Fogares Lar Muimenta, en Cospeito.

Tamén repiten Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei,  Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Champivil (envasado de produtos autóctonos  e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de  Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova,  Gandaría Ana Pérez Boo, (gando ovino extensivo en pastoreo) de Abadín, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara e  Granxa Angus do Campo (gando vacún angus en extensivo e ecolóxico) en Castroverde, Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá,  Mantoño Holstein (gando vacún leiteiro extensivo) en Barreiros,  Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara,  O Trobo (museo de mel e produción apícola) do Valadouro,  SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol, Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo , ademais de Tropic Gaia, que impartirá obradoiros de horta e plantacións nos centros escolares, e ADEGA, que ofrecerá obradoiros de educación ambiental nos colexios.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...