InicioMovementos sociaisA Deputación de Lugo destaca o labor de ALCER Lugo na atención...

A Deputación de Lugo destaca o labor de ALCER Lugo na atención de persoas con enfermidades renais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este xoves a mesa de cuestación instalada pola Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (ALCER Lugo) diante do Pazo de San Marcos.

O Deputado animou a todas as persoas a achegarse nesta xornada ás mesas informativas que o colectivo instalará ao longo da cidade, co obxectivo de concienciar á poboación sobre a importancia da prevención e da detección precoz da enfermidade renal crónica.

Valorou tamén o compromiso de ALCER Lugo, que leva máis de 40 anos prestando apoio ás persoas afectadas, e lembrou a colaboración da Deputación mediante unha axuda anual de 6.000 €.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación inicia a súa axenda institucional en Cabo Verde

A Presidenta da Deputación de Lugo e Alcaldesa de Burela, Carmela López, iniciou en...

A Xunta denfende o servizo de Urxencias do HULA e o PSdeG acúsao de “tapar e ocultar”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reivindicou o servizo de Urxencias do Hospital...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas...

Os clubes deportivos da provincia poden solicitar as axudas da Vicepresidencia da Deputación

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a convocatoria de...