InicioMovementos sociaisDez nenos saharauís pasarán o verán con familias lucenses

Dez nenos saharauís pasarán o verán con familias lucenses

O Concello de Lugo colabora co programa 'Vacacións en paz'. En total, a provincia acollerá unha vintena de rapaces

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa, Lara Méndez, e as concelleiras da área de Benestar Social, Ana González Abelleira, e Olga López, recibiron onte os 10 nenos e nenas saharauís que pasarán o verán, desde xullo e setembro, con familias lucenses acolledoras. Os pequenos, de 11 anos de idade, son parte da comitiva dos 21 pequenos e pequenas que chegan este ano á provincia desde os campos de refuxiados.

Dende o Concello lembran que esta acollida é posible grazas a cooperación das familias e á achega de 9.000 euros das arcas municipais ao programa Vacacións en Paz, co que se colabora coa Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí.

En concreto, os rapaces proceden de Aaiun, Dajla, Ausserd, Smara e Tiduf, localidades que poden alcanzar os 50 grados centígrados na tempada estival.

A rexedora amosou o seu agradecemento ás familias acolledoras, “porque é un acto de xenerosidade”. “Con vós estes pequenos e pequenas terán acceso a coidados médicos, a unha boa alimentación e a unha experiencia que sempre recordarán”, .sinalou Ademais, destacou a riqueza cultural que os nenos tamén aportan á sociedade lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...