InicioLugo e contornaLugoProtexer a Muralla de Lugo custa 235.000 euros

Protexer a Muralla de Lugo custa 235.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo adxudicou o contrato de conservación e mantemento da Muralla de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade, o que supoñerá un investimento de 235.000 euros por parte da Xunta de Galicia no monumento romano durante os próximos doce meses.

Segundo informou a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, a empresa que se fixo con ese contrato é a Restauración e Construcións Luís J.Sánchez S.A ( Resconsa).

O proxecto de intervención contratado contempla actuacións continuas e periódicas no monumento para previr e corrixir posibles danos causados por “axentes ambientais”, pero tamén pequenas reparacións nos elementos da propia Muralla, tanto en solados como nas fábricas e os topetes. Ademais, repararanse estruturas metálicas e varandas presentes no monumento.

A empresa concesionaria tamén se encargará de realizar unha limpeza da pedra e de retirar vexetación.

Esta última operación, que hai que realizar de forma manual, desenvolverase en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, tamén para estudar novos tratamentos e a eficacia dos mesmos.

O plan de actuación tamén contempla que o adxudicatario se ocupe do mantemento da instalación eléctrica e da iluminación.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...