InicioMedioambiente e PatrimonioActivada a alerta laranxa por treboadas no centro e a montaña de...

Activada a alerta laranxa por treboadas no centro e a montaña de Lugo

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta alerta laranxa deixará treboadas que poderán ir acompañadas de ventos fortes e choivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, activou para esta tarde de sábado a alerta laranxa por treboadas no centro e na montaña de Lugo.

Tal e como trasladou o Goberno galego en nota de prensa, informouse a través do 112 Galicia aos municipios da provincia afectada, á deputación, servizo provincial e agrupacións de voluntario de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros, co fin de garantir a seguridade.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esta alerta laranxa deixará treboadas que poderán ir acompañadas de ventos fortes e choivas.

Por iso, recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas alagadas ou que poidan chegar a alagarse e non aparcar nas marxes dos ríos.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...