InicioMedioambiente e PatrimonioAlerta laranxa na Montaña e centro de Lugo por precipitacións fortes

Alerta laranxa na Montaña e centro de Lugo por precipitacións fortes

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa activarase este xoves a primeiras horas da tarde no centro e na zona de montaña de Lugo por precipitacións con acumulacións de 30 mm nunha hora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia activou para este xoves a alerta laranxa por precipitacións con acumulacións de 30 mm nunha hora no centro e na zona de montaña de Lugo.

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e dos bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións; aos servizos provinciais e ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil, así como aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta laranxa activarase este xoves a primeiras horas da tarde no centro e na zona de montaña de Lugo por precipitacións con acumulacións de 30 mm nunha hora.

A Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes acordou a suspensión da actividade deportiva federada ao aire libre, agás nos deportes náuticos e acuáticos federados, nas zonas afectadas pola alerta laranxa.

Os concellos afectados e os horarios de vixencia da alerta poden consultarse na web Deporte Galego. Ante as choivas intensas recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas anegadas ou que poidan chegar a anegarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...