Home Medioambiente e Patrimonio Os museos provinciais celebran 20 anos de traballo en rede con ampla axenda de actividades

Os museos provinciais celebran 20 anos de traballo en rede con ampla axenda de actividades

0
Os museos provinciais celebran 20 anos de traballo en rede con ampla axenda de actividades

Os museos provinciais acollerán durante o verán unha ampla axenda de actividades culturais, divulgativas e didácticas, unha programación pensada para seguir achegando os fondos dos museos a persoas de todas as idades e conmemorar o vinte aniversario da constitución da apertura do Pazo de Tor como Museo e da constitución da Rede Museística Provincial.

A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro presentaron este mediodía a programación, articulada baixo o epígrafe “Escola, Cultura e Territorio: Verán na Rede Museística”.

Iria Castro explicou que “a programación incide na apertura dos museos a todos os públicos, e especialmente as máis novas e novos, creando oportunidades para que se acheguen ao patrimonio e á creación artística” e remarcou que “a configuración da Rede, cos catro museos espallados polo territorio, facilita que estas propostais culturais e didáctica, que involucran a artistas e colectivos diversos, chegue a persoas de toda a provincia”

Encarna Lago explicou que “a programación de actividades de verán deseñouse co obxectivo de dar o máximo protagonismo ao vinte aniversario da creación da Rede e da apertura do Pazo de Tor e de visibilizar o proxecto de museos inclusivos, igualatarios e centrados nas persoas que levamos dúas décadas desenvolvendo”.

O acto de presentación contou tamén coa participación das artistas Soila Jankowska e Cris Bamio, que impartirán os obradoiros “A linguaxe do barro”,  e do colectivo Terras Irmás, unha entidade asentada en Lugo e centrada na creación de redes de colaboración entre entidades educativas, culturais e sociais, fomentando o intercambio de experiencias e a aprendizaxe mutua entre diferentes territorios europeos.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here