InicioMedioambiente e PatrimonioLugo mobilizará educadores, artistas e investigadores arredor do Camiño Primitivo

Lugo mobilizará educadores, artistas e investigadores arredor do Camiño Primitivo

O Concello de Lugo lidera, canda a Castroverde, Baleira e A Fonsagrada, un proxecto para situar o Camiño Primitivo de cara ao Xacobeo 2021

PUBLICADA O

- Advertisement -

Descubrindo o Camiño Primitivo é o nome do proxecto que espallará a importancia da ruta de peregrinaxe de cara ao Xacobeo 2021. O Concello de Lugo aspira a contar con 49.000 euros da Xunta de Galicia, como previu o goberno galego, para a celebración dun congreso internacional, deseñar un soporte dixital e accións culturais arredor deste ben Patrimonio da Humanidade.

Participan da iniciativa os concellos de Castroverde, Baleira e a Fonsagrada, ademais de distintas asociacións sen ánimos de lugro e grupos de estudo e investigación. Dentro do terceiro sector, serán colaboradoras ONCE, COGAMI, Auxilia, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, Asociación cultural Promoción de Arte Urbanas; e no eido da investigación, o Centro de Estudos da Cidade e os grupos de investigación GI-1907 IACOBUS E GI-2162 Atalaia, da Universidade de Santiago de Compostela. 

Ademais da representación institucional da provincia no bienal Fairway, Forum do Camiño, o goberno local quere contar cun soporte dinámico co que situar o Camiño Primitivo como opción diferencial no vindeiro ano santo. Procura así valorizar e coidar un itinerario deturpado pola Axencia Galega de Turismo, a través da investigación, difusión, dinamización cultural e gastronómica.

O programa inclúe a celebración dun congreso internacional: Descubrindo o Camiño Primitivo: Retos, obxectivos e fortalezas cara o 2021. Contará con relatores e mesas de traballo no que abordar os elementos constitutivos da paisaxe cultural. A previsión de participación é de 18 relatores e uns 100 congresistas.

A maiores, Descubrindo o Camiño Primitivo propiciará a implicación da comunidade educativa a través da elaboración de materiais didácticos e da organización de charlas informativas nos centros educativos; así como a interacción cas e cos peregrinos. E contempla asemade o emprego das novas tecnoloxías para a divulgación, e intervencións creativas de arte urbano no tecido degradado na contorna da ruta primixenia, con solucións de calidade e estética.

Ricardo Polín: “No Camiño Primitivo prima a visión comercial sobre a identidade”

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...