InicioMedioambiente e PatrimonioAlerta laranxa por treboadas no centro de Lugo con case toda Galicia...

Alerta laranxa por treboadas no centro de Lugo con case toda Galicia en nivel amarelo por calor

Galicia rexistrou preto de 350 raios nas últimas 24 horas, cantidade sensiblemente inferior aos habidos entre a tarde do venres e a mañá do sábado

PUBLICADA O

- Advertisement -

A previsión de treboadas xeneralizadas levou á Xunta, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a activar a alerta laranxa no centro da provincia de Lugo. Ademais, nos 27 municipios deste territorio, quedará suspendida a actividade deportiva federada e do programa ‘Xogade’ desde o inicio do aviso, que será ás 14.00 horas.

Mentres, e ata a medianoite, o resto de Galicia –excepto todo o litoral pontevedrés, o suroeste da provincia da Coruña e Costa da Morte– permanecerá en alerta amarela. Esta responde a treboadas de perigo baixo, que poden chegar con sarabia e refachos moi fortes de vento, e choivas, que deixarán unha precipitación acumulada nunha hora de 15 milímetros.

No caso do centro de Lugo, a previsión é de treboadas xeneralizadas, que é posible que provoquen ventos localmente moi fortes e sarabia de máis de dous centímetros. Tamén se esperan choivas en nivel amarelo, segundo a información recollida pola Axencia Estatal de Metereología (Aemet).

Neste sentido, o 112 Galicia avisou aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos, entre outros. A Xunta recomenda circular con precaución e informar antes o estado das estradas, non atravesar zonas alagadas ou que poidan chegar a alagarse e non aparcar nas beiras dos ríos.

MÁIS DE 300 RAIOS

Desta forma, a situación metereológica do domingo empeora con respecto á do sábado, onde xa houbo alertas en nivel amarelo en varios puntos do interior. Con datos actualizados ás 12.00 horas, Galicia rexistrou un total de 349 raios nas últimas 24 horas. Este dato contrasta co do sábado ao mediodía, cando Meteogalicia recollía máis de 1.700 raios para ese período.

Durante a xornada actual, na que persistirá a inestabilidade atmosférica, as treboadas deixarán unha xornada de forte calor. Nas cidades, as máximas oscilarán entre os 28 ºC (Vigo e A Coruña) e Ourense (34 ºC).

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...