Home Lugo e contorna Lugo Rescatan en Outeiro de Rei unha aguia ferida

Rescatan en Outeiro de Rei unha aguia ferida

0
Rescatan en Outeiro de Rei unha aguia ferida
Ave ferida. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Unha muller localizou no municipio lucense de Outeiro de Rei a unha ave ferida, situación pola que, na tarde do sábado, axentes da Unidade Territorial da Policía de Barrio da cidade de Lugo contactaron con ela.

Tras iso, a ave foi trasladada a un hospital veterinario onde o profesional que lle atendeu indicou que se trataba dunha aguia rateira, precisan nun comunicado. A mesma tiña ferido a parte  esquerda polo que quedou no centro veterinario para o seu tratamento e coidado, engaden desde a Policía Local.

+ posts