InicioMedioambiente e PatrimonioUlloa Viva alerta á Xunta de "informes erróneos" de Altri e insiste...

Ulloa Viva alerta á Xunta de “informes erróneos” de Altri e insiste en pedir que se paralice o proxecto

Respecto dos falecidos, "a noticia que temos é que mañá os trasladarán a Gran Bretaña para realizar as autopsias", segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, considera que España non debe “inmiscirse” na investigación sobre o naufraxio do ‘Argos Georgia’ que están a levar a cabo as autoridades británicas. Este luns, no transcurso dun acto oficial en Pontevedra, Pedro Blanco foi preguntado polos xornalistas sobre a explicación dos sobreviventes acerca das causas do naufraxio do pesqueiro.

O delegado do Goberno respondeu que “se trata dunha investigación que están a levar a cabo as autoridades británicas, por tanto, pouco temos que dicir nós neste momento”. Segundo se publicou, os sobreviventes achacan o naufraxio a unha vía masiva de auga producida pola rotura dunha comporta no costado do ‘Argos Georgia’. Isto deixaría ao barco sen estanqueidade por estribor cortando a electricidade e anulando o motor.

“Imos estar á espera do que conclúa esa investigación onde a declaración dos mariñeiros é fundamental, pero tamén outro tipo de investigacións que se van a levar a cabo“, engadiu o delegado do Goberno. Así, Pedro Blanco insistiu en que o Goberno de España, “prudentemente, non debe tampouco inmiscirse nesa investigación”. O delegado apuntou que en canto terminen os labores de repatriación e os traballos de procura dos desaparecidos “será o momento de poder falar desas causas” que, insistiu, “competen a autoridades británicas”.

En canto aos seis españois que sobreviviron ao naufraxio do ‘Argos Georgia’ e que aterraron este domingo en Santiago de Compostela procedentes das Illas Malvinas, Pedro Blanco dixo que “a día de hoxe estamos a deixar que se asenten, se acomoden, e por tanto que volvan reunirse”. Respecto dos falecidos, “a noticia que temos é que mañá os trasladarán a Gran Bretaña para realizar as autopsias”, informou o delegado gubernativo que tamén recalcou que as autoridades españolas están “en permanente contacto coas familias”.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...