InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores dun delito de malos tratos animais por abandono dun can.

Todo iso tras atopar a un cánido nos terreos do aeródromo de Rozas-Castro de Rei, a pesar de que fora dado de baixa por falecemento. No operativo tamén se investiga a morte doutros catro cans, propiedade dun dos investigados, que foron declarados como falecidos por morte natural a pesar de ter idades comprendidas entre un ano e medio e catro anos. Todos supostamente perderan a vida no período dun mes.

Por iso, tamén se lle imputa un delito de falsidade documental nos trámites de baixa dos cánidos.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...

O acusado de matar a Cristina Cabo: “Empatizo coa familia”

"Pido perdón polo que fixen, á súa familia e a todas as mulleres". Con...