InicioSociedadeA Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través...

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Fiscalía solicita tres anos de cárcere por facilitar a súa conta a hackers que realizaron un fraude mediante phishing.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a que a Fiscalía solicita tres anos de cárcere por supostamente estafar diñeiro a través de SMS, coa axuda de ‘hackers’, en Vilalba.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, a procesada facilitaría a súa conta bancaria a terceiras persoas non identificadas con coñecementos avanzados en técnicas de fraude informática, quen a utilizaron como medio para recibir fondos obtidos fraudulentamente mediante técnicas de ‘phishing‘, un tipo de ciberataque.

En concreto, unha das vítimas foi inducida a facilitar as súas claves bancarias tras recibir un SMS fraudulento suplantando á entidade Abanca, o que permitiu a extracción de 600 euros mediante un servizo de envío de diñeiro instantáneo (Hal Cash).

Por todo iso, a Fiscalía pide unha pena de tres anos de cárcere e unha multa de 1.800 euros con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de falta de pagamento, así como a correspondente indemnización a favor da vítima por importe de 600 euros, cos intereses legais pertinentes.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...