InicioSucesosIdentificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo,...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

Outro empregou dispositivos que impedían a correcta visión da placa de matrícula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando “amplamente” os límites de velocidade establecidos, sendo a velocidade máxima permitida nese tramo de 70 quilómetros por hora, e coas matrículas tapadas. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar a pasado fin de semana na LU-530, cando un cinemómetro captou a un grupo de motoristas, superando amplamente os límites de velocidade establecidos, un deles circulaba a 160 quilómetros por hora.

Os condutores foron identificados e propostos para sanción por infraccións administrativas moi graves ao Regulamento Xeral de Circulación, por exceso de velocidade e outro condutor polo uso de dispositivos que impidan a correcta visión da placa de matrícula. O condutor investigado foi informado dos dereitos que lle asisten como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución a velocidade excesiva. A Garda Civil recomenda precaución e respecto aos limiares de velocidade establecidos. Ao ser a velocidade, excesiva ou inadecuada, un factor fundamental que determina a maior ou menor incidencia na sinistralidade viaria, así como a gravidade e o grao das lesións das vítimas en caso de sinistro viario.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...