InicioMedioambiente e PatrimonioPiden aos concellos do Ulla protexer o río para evitar a megacelusosa...

Piden aos concellos do Ulla protexer o río para evitar a megacelusosa de Altri

PACMA tamén rexeita este proxecto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace piden aos concellos na ribeira do Ulla que presenten nos seus plenos municipais unha declaración institucional en defensa dos “dereitos” do río ante “ameazas” industriais como a futura fábrica de Altri.

Nun comunicado, explican que con esta declaración queren avanzan na protección ambiental do Ulla, un río que abastece a numerosos concellos e é refuxio natural para aves e multitude de especies ligadas a ecosistemas acuáticos.

Respecto diso, remarcan que máis dunha trintena de países adoptaron instrumentos lexislativos para o recoñecemento de cursos fluviais, tal e como ocorre no río Ganges na India ou no Atrato en Colombia. No caso de España, sinalan o recoñecemento da personalidade xurídica á lagoa do Mar Menor e a súa conca como primeiro caso en Europa nun ecosistema como suxeito de dereitos.

Ademais, lembra que recentemente en Galicia o Concello de Outes fixo unha declaración institucional dos dereitos do río Tins, o primeiro en España. Agora, chaman a facer o propio co río Ulla, un dos mellor conservados de Galicia, con usos tradicionais de rega e pesca, así como refuxio natural de multitude de especies.

PACMA

Tamén o Partido Animalista Pacma expresou o seu rexeitamento á instalación dunha “megaplanta” de celulosa ante a proposta da empresa Altri para situar unha factoría en Palas de Rei, en Lugo. Nun comunicado remitido aos medios, a formación política traslada a súa preocupación polo “grave impacto ambiental” que estas instalacións provocarían, con “consecuencias desastrosas para a contorna natural de Galicia”.

Deste xeito, a formación únese ás entidades ecoloxistas que rexeitan o proxecto ao considerar que supón “unha ameaza directa” para o “corazón de Galicia”.

O PSDEG ALERTA DUN POSIBLE “PEMEX DOUS”

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG, Elena Espinosa, advertiu do risco de que Altri se convirta nun “Pemex dous” e sostivo que “a parte económica, a social e o medio ambiente non poden separarse”. A dirixente socialista pronunciouse deste xeito na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Portavoces, na que considerou que o presidente do Goberno galego en funcións e candidato á investidura, Alfonso Rueda, debe aclarar as dúbidas sobre o proxecto de Altri.

Sobre este asunto, Espinosa asegurou que a “postura do PSOE” pasa por “defender calquera investimento” pero nos que “a parte económica, a social e o medio ambiente non poida separarse”. “Espero que a Xunta non estea a falar dun Pemex dous”, afirmou Espinosa, que lembrou os anuncios feitos polo expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a creación de floteis por parte desta compañía que ía crear “centos de miles de postos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce a un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...