InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes compran o castelo...

A Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes compran o castelo de Doiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou que o acordo se enmarca na aposta da Deputación por preservar "o rico e diverso patrimonio" da provincia e por "aproveitar" eses recursos para "potenciar o turismo de calidade e sustentable" como factor de desenvolvemento social e económico, sobre todo no rural.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, un acordo de colaboración polo que a institución provincial achegará 900.000 euros ao Concello para que adquira o castelo de Doiras. Segundo informou a institución provincial, o investimento, que se distribuirá en catro anualidades de 225.000 euros cada unha (entre 2023 e 2026), representa o 94% do custo total do inmoble, mentres que o Concello achegará unha contía de 60.000 euros.

O mandatario provincial destacou que o acordo se enmarca na aposta da Deputación por preservar “o rico e diverso patrimonio” da provincia e por “aproveitar” eses recursos para “potenciar o turismo de calidade e sustentable” como factor de desenvolvemento social e económico, sobre todo no rural. Así, remarcou as xestións do alcalde para realizar esta “adquisición histórica” para o municipio e para todos o veciños, xa que permitirá a Cervantes dispor “dun ben patrimonial emblema dos Ancares” e tamén do conxunto da provincia.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu ao presidente da Deputación a colaboración económico que “será fundamental” para poder iniciar a tramitación administrativa de compra do inmoble. Esta adquisición, engadiu, representa “un importante fito” para Cervantes, xa que o castelo, coas súas raíces históricas, “reforzará a identidade local” e “servirá de reclamo” patrimonial.

+ posts

ÚLTIMAS

En liberdade o detido por levar un coitelo e a roupa ensanguentada en Lugo

O home detido durante o fin de semana en Lugo tras ser localizado en...

O Gustavo Freire acollerá catro funcións do Circuito Galego de Teatro Afeccionado en setembro

O Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo converterase durante dúas fins de semana de...

Candia quere cambiar a relación que había coas asociacións do Arde Lucus ate agora

O Arde Lucus 2027 xa ten data: a vindeira edición da festa de recreación...

Lugo xa ten os carteis para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2026

O xurado encargado de seleccionar os carteis anunciadores do San Froilán e do San Froilán Miúdo 2026 reuniuse esta mañá...