InicioMedioambiente e PatrimonioAdega pide á CH Miño Sil que investigue a contaminación nun regato...

Adega pide á CH Miño Sil que investigue a contaminación nun regato de Palas de Rei onde apareceron troitas mortas

Adega demandou á Confederación Hidrográfica Miño Sil que realice unha investigación no regato de Pomeda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Adega demandou á Confederación Hidrográfica Miño Sil que realice unha investigación no regato de Pomeda do municipio de Palas de Rei onde aparaceron decenas de troitas mortas hai uns días.

Nun comunicado emitido este luns, a entidade ecoloxista asegurou que “previsiblemente” este tipo de verteduras teñen orixe nas “macroexplotaciones” gandeiras situadas no lugar de Carteire.

Afirman que estas explotacións son responsables da aparición de “escumas”, “turbidez” e de “un substrato xelationoso” no río no que foron localizadas “gran cantidade” de troitas mortas recentemente.

Adega resaltou que a zona encádrase dentro dunha zona de protección para a produción de especies acuáticas piscícolas e salmonícolas, polo que insta á Confederación Hidrográfica a velar polo seu cumprimento e adoptar as sancións necesarias en caso de detectarse irregularidades.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...