InicioMedioambiente e PatrimonioTriciclos eléctricos para limpar no San Froilán

Triciclos eléctricos para limpar no San Froilán

Os vehículos, denomiados eTrike, teñen unha autonomía de 65 km e unha capacidade para 90 litros de lixo no caixón traseiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo municipal de limpeza viaria e recollida de lixo de Lugo contará dende hoxe cunha ducia de triciclos eléctricos que, se ben se empregarán de forma permanente nos dispositivos ordinarios de traballo, estes días permitirán xa ao persoal intensificar o baleirado de papeleiras do centro da cidade durante as festas patronais do San Froilán.

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, estiveron presentes na entrega destes novos equipamentos cos que se pretende exercer unha supervisión continua do estado no que se atopan as zonas nas que se agarda unha maior aforo e concentración de actividades polo San Froilán.

“Os vehículos, denominados ‘eTrike’, dispoñen dunha autonomía de até 65 km e inclúen un caixón traseiro con capacidade para 90 litros o que posibilitará levar a cabo un mantemento áxil e continuado de zonas específicas”, explicou o tenente de alcaldesa.

Miguel Fernández lembrou, igualmente, que estes triciclos poderán ser cargados nos diferentes cuarteliños que se están habilitando na capital. Instalacións onde as brigadas que asumen as tarefas de aseo da cidade poden organizarse antes de iniciar a súa quenda.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...