InicioMedioambiente e PatrimonioAdega pide a paralización das obras de Carril das Flores por afectar...

Adega pide a paralización das obras de Carril das Flores por afectar a dous bens Patrimonio da Humanidade en Lugo

Adega xa presentou un recurso de casación ante o Tribunal Supremo por estas obras, que esperan que se resolva favorablemente aínda que non descartan ir pola vía penal contra o executivo local no que están o PSdeG e o BNG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os ecoloxistas de Adega volveron a pedir ao Concello de Lugo que paralice as obras en Carril das Flores xa que, segundo denuncian, afecta a dous bens Patrimonio da Humanidade, como son a Muralla Romana e o Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade.

A asociación ecoloxista explicou que os traballos contan coa aprobación do concello e que tamén afectan a unha pasarela que une a rúa San Roque coa Rolda da Muralla, no que foi no seu momento unha solución provisional hai máis de 40 anos e que non se viu corrixida ata agora.

Un dos portavoces de Adega, Froilán Pallín, precisou que este martes se lle presentou un escrito á alcaldesa, Lara Méndez, “para que paralice isto porque non é legal”. Pallín debullou que “aí non hai unha licenza de edificación, nin proxecto e o Pepri desa esquina de facto modifica o Plan Xeral de Ordenación Municipal e, por tanto, non respecta a legalidade”.

“É unha zona onde conflúen dúas zonas que son espazos que son Patrimonio da Humanidade, como a muralla e o camiño primitivo. É un despropósito e pretendemos pola vía legal non permitir unha barbaridade deste tipo“, engadiu. Adega xa presentou un recurso de casación ante o Tribunal Supremo por estas obras, que esperan que se resolva favorablemente aínda que non descartan ir pola vía penal para lograr frear estes traballos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...