InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta retirou máis dun milleiro de niños de velutinas en Lugo

A Xunta retirou máis dun milleiro de niños de velutinas en Lugo

Son 9.500 os retirados en toda Galicia no marco do plan de loita contra esta especie.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de niños de avespa velutina retirados no marco do plan de loita contra esta especie, acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), supera xa os 9.500, segundo expuxo a directora de Administración Local, Natalia Prieto, na súa comparecencia en comisión parlamentaria.

Nela, explicou que as provincias de Pontevedra e A Coruña son as máis afectadas pola implantación destes niños e son tamén as que contan cun maior número deles eliminados ou neutralizados, 4.253 e 3.458, respectivamente, mentres que en Lugo e Ourense retiráronse 1.056 e 807, en cada caso.

A directora xeral de Administración Local destacou o nivel de adhesión dos concellos ao citado plan, cun 96% que se sumaron ao mesmo, “15 máis que o ano pasado” e expuxo que se reforzou o equipamento para axilizar os traballos de retirada.

Por outra banda, destacou que, en relación ao ano pasado, descenderon nun 23% as chamadas de avisos. O motivo vinculouno cos labores de trampeo realizadas na primavera para frear a expansión, ao que sumou tamén a influencia das condicións meteorolóxicas. O maior número de avisos concentráronse en agosto, con máis de 6.300.

Así mesmo, especificou que do total dos 17.236 avisos recibidos, ademais dos máis de 9.500 niños retirados, 1.976 correspondíanse con outros inactivos, en case 3.000 non procedeu actuación por tratarse doutras especies ou non visualizarse de forma directa e en case 780 tratouse de avisos duplicados xa comunicados por outros cidadáns.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...