InicioMedioambiente e PatrimonioAs mellores paisaxes de Lugo central en forma de itinerarios

As mellores paisaxes de Lugo central en forma de itinerarios

Esta é a proposta de roteiros asociados aos valores naturais do Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia establecen, entre outras prerrogativas, que o goberno autonómico debe artellar unha rede de itinerarios de interese paisaxístico e ambiental. Este sistema integrado debe valorizar e preservar os activos singulares, en especial os agrarios e ecolóxicos.

En consecuencia, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente e a Fundación Galicia Sustentable completaron a proposta para esta rede de itinerarios, enmarcada na Estratexia de Paisaxe Galega para o período 2017-2020. Devendita proposta baséase no emprego de recursos técnicos e aproveita a rede viaria e de sendeiros existente.

Con 4.479 quilómetros de percorridos, a rede diríxese tanto a poboación residente como á visitante, e abrangue a totalidade do territorio de Galicia, en toda a súa diversidade. As sendas reflicten as conectividades dun territorio “fortemente antropizado como é o galego”; neste senso, “sendas e camiños son parte do artellamento territorial e, polo tanto, social”.

A proposta consta de catro apartados. Entre eles están presentes a Senda dos Faros e os Escenarios ao Volante. Os outros dous están distribuídos entre aqueles asociados a valores naturais, e os referentes de valores culturais e patrimoniais. Nesta ocasión, centrarémonos na selección daqueles con valor escénico e medioambiental.

A cartografía de cada itinerario pode comprobarse polo miúdo nesta ligazón.

A FONSAGRADA

A Fonsagrada é unha das vilas localizadas a maior altitude de Galicia e tamén o concello de maior supericie. As paisaxes de montaña dominan a súa contorna e a maior parte desta Rutas dos Lobos, con amplas vistas sobre o concello fonsagradino e o val do río Navia.

O percorrido parte da vila da Fonsagrada, de antiga ocupación e paso do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela. A Granxa, actual centro de interpreteación ambiental, é un punto de interese recén iniciado o itinerario. Superados Os Fornos da Cal e San Martiño de Suarna, o terreo vóltase máis ondulado, comezando a serra de Liñares, dominada por piñeirais e matogueiras ata alcanzar Liñares de Bidul.

O val do Navia ábrese aportando vistas panorámicas e variedade en canto a vexetación. A perda de altitude permite a presenza de especies termóilas como a sobreira e mesmo o cultivo de vides a carón das aldeas.

O tránsito a carón dun tramo encaixado do Encoro de Salime supón un momento de descanso previo a unha nova subida na procura do retorno a Fonsagrada. O regeso realízase remontando as frondosas ribeiras do río Suarna, destacando Vilagocende coa súa potente fervenza, denominadas na zona seimeiras.

SERRA  DO FARELO

Parte da denominada Dorsal Galega. Está localizada entre os concellos de Agolada e Antas de Ulla, polo que fai de linde natural entre as provincias de Lugo e Pontevedra. A Cima do Farelo (954 m.) é o pico máis alto e xusto alí se establece o Miradoiro, dende o que se observan as catro provincias galegas. Esta formación montañosa constitúe unha pequena serra con continuidade na Serra do Faro.

A súa base litolóxica comprende rochas graníticas e pegmatitas, determinando a súa orografía e caracterizando o seu aspecto e textura con

con numerosas concentracións de pedras e afloramentos diversos. O manto vexetal caracterízase pola abundancia de toxos e xestas, cun cromatismo singular. Diversos regos da bacía do Ulla nacen nesta serra, chegando ata o Farelo a través da subconca do río Arnego

SAN ROMÁN DE CERVANTES

Os Ancares son un conxunto de serras que conforman un gran espazo de montaña. O traxecto entre San Román de Cervantes e Quindous serve de toma de contacto con estas paisaxes das serras orientais.

San Román é a capital municipal de Cervantes. Este pequeno núcleo disponse nunha crista na procura de radiación solar. Non moi lonxe, tras pasar pola aldea de Castelo de Cais, o castro de Santa María mostra como estas terras están poboadas dende antigo.

O paso polo río de Quindous realízase por unha zona encaixada e frondosa previa subida a Sabadelle, aldea rodeada de amplos prados para o gando.
Superadas Balgo e Padornelo, a subida e tránsito pola serra de Pedredo mostran a dureza deste territorio. Quindous, in do itinerario, é unha encrucillada de camiños de relevancia local. A súa antiga feira así o testemuña.

PITINDOIRA

O Faial da Pintinidoira é un bosque de faias (Fagus sylvatica) localizado na contorna da aldea da Pintinidoira (entidade repartida entre As Nogais e Cervantes). A faia é unha árbore lonxeva, de tronco liso e emparentada con carballos e castiñeiros.


A ladeira con fortes pendentes que caen dende A Pintinidoira cara ao rego Toural e a altitude (arredor dos 1200 metros no cordal da aldea) son os aspectos estruturais destacados deste espazo. A orientación nordeste é moi axeitada para as faias, especie propia de áreas montañosas que precisa frío e ambientes húmidos.

O percorrido atravesa o faial camiño de Riamonde de Abaixo, seguindo logo o río do Toural para voltar cara a Pintinidoira polo Alto de Busmaior (1238 m.) nun percorrido de alto valor ambiental e paisaxístico.

Castelo de Doiras | Turismo de Galicia

DOIRAS

O Castelo de Doiras é unha ediicación baixomedieval situada nun outeiro no punto de unión entre os ríos Doiras e Cancelada. Complexo defensivo que posúe unha torre da homenaxe construída sobre un rochedo de difícil acceso. Coñecida tamén como Torre da Ferrería, o Castelo de Doiras é o punto principal deste percorrido polos Ancares.

O percorrido inclúe tamén un tramo pola ribeira do río Cancelada, nunha zona de bosquete autóctono moi ben conservada. A subida leva a Viladeferreira e a Ferreiradevés, onde se encontra a capela dos Dolores. Na contorna das aldeas permanecen zonas de pasto en combinación con monte baixo.

O camiño que vai cara a Vilaspasantes ofrece amplas vistas, proseguindo cara O Vimieiro, típica aldea ancaresa con pallozas, muíño e a capela de Santa Catalina. O retorno ao punto de inicio ofrece unha nova perspectiva do castelo de Doiras.

SILVOUTA

As comarcas de montaña como pode ser Ancares teñen tamén zonas menos abruptas, de media montaña ou vales onde se asentan entidades de poboación.
No caso deste percorrido por terras de Navia de Suarna, o carácter gandeiro prevalece sobre a cuestión orográica.

As aldeas de Silvouta, Son e Arcón localízanse en pequenos outeiros cubertos por prados para o gando, quedando as suaves ladeiras e as ribeiras fluviais ocupadas por densas fragas e bosques de ribeira de alto valor ecolóxico. Así sucede nos casos do regueiro da Bica e do rego do Castro.
En canto ao valor patrimonial cabe mencionar a concentración de pallozas da aldea de Arcón, creando unha escena paisaxística propia dos Ancares.

LIÑARES

A serra de Liñares, entre Becerreá e Baralla, pasa desapercibida ante a magnitude doutras serras da súa contorna. En tanto, nela conlúen numerosos valores naturais, patrimoniais e estéticos.

A senda parte da vila de Becerreá. Unha forte subida inicial leva da Feira Vella á serra de Penamaior. As carballeiras iniciais deixan paso a un amplo piñeiral.
A vella ermida de San Lourenzo aséntase nunha ampla campa nun sector de monte baixo e pastos. A baixada a Touzón leva tamén a Penamaior, un antigo mosteiro baixomedieval que conserva unha fermosa igrexa románica do século XII.

A subida á serra de Liñares retoma o mosaico agrario e forestal enlazando seguidamente coa serra de Penamaior, xa no tramo de regreso a Becerreá.

RIBEIRA DO NAVIA

Torallo é unha aldea de Becerreá localizada a media ladeira da serra de Vilavexe, sobre o val do río Navia. A situación de Torallo permite realizar un percorrido curto no que visualizar diversos tipos de paisaxe. Os cumio da serra, sen ser de grande altitude, presentan cubertas vexetais con uces e breixos.

Nas ladeiras, antigos soutos seguen a cumprir o seu cometido como plantación produtiva. Arredor do núcleo os prados e parcelas de cultivo conservan sebes e a ribeira do río Navia mantén a súa vexetación propia. Torallo é un auténtico mosaico paisaxístico a carón dunha grande infraestrutura viaria como é a A-6.

Humedais da Terra Chá | 3edata

MUIMENTA

As serras do bordo da chaira como Xistral, Carba ou Meira, desaugan cara á planicie creando un territorio sucado por numerosos cursos luviais. O Miño atravesa a comarca, sendo o eixo dunha relevante bacía.

As paisaxes da Terra Chá presentan unha alta calidade estética baseada na combinación dunha suave orografía de chaira con outeiros, nunhas cubertas condicionadas polo uso agrogandeiro e polas matrices luviais que combinan láminas de auga cos bosques de ribeira.

No caso de Muimenta, á presenza do río Miño cómpre engadir outros cursos luviais como o río da Vila ou o rego Pequeno. O mosaico parcelario combina praderías pechadas con sebes con bosquetes mixtos creando escenas de gran calidade.

LEIRAS

A serra de Meira disponse de norte a sur na zona de confluenza dos concellos de Meira, A Pastoriza e Riotorto. A súa altitude media sitúase arredor dos 800 metros. Conformada por xistos, destacan na paisaxe as cristas cuarcíticas. A pendente suave que presenta, relaciónase coa escasa incisión luvial realizada polos pequenos cursos luviais, ó estar estes no seu curso alto, como sucede co río Órrea.

Esta topografía suave crea unha escena na que a ampla conectividade visual permite amplitude de vistas, especialmente dende o Corno de Órrea (634 m.) no extremo norte do itinerario.

O monte baixo domina as partes altas do percorrido. Nas ladeiras o espazo cultivado deixou paso a grandes extensións de arborado.

PAMBRE

O río Pambre serve de eixo para este percorrido por terras da Ulloa, atopando no camiño recursos naturais e patrimoniais de primeira orde.

A aldea de Pambre (Palas de Rei) é o punto de partida. Localizada nunha valgada, Pambre conserva un aire antigo, sendo tradicionais todas as súas ediicacións. Moi próximo está o Castelo de Pambre, coa súa torre do homenaxe e a capela de San Pedro do século XII. Recentemente restaurado, trátase dun elemento patrimonial de primeira orde.

A súa morfoloxía, trama, espazo de habitación e espazo de cultivo da contorna indican un espazo pouco modificado respecto ao modelo produtivo tradicional.

O camiño cara a Ramil transcorre a carón do bosque de ribeira do río Pambre, en bo estado de conservación.Na chegada a Ramil, pequenos grupos de sobreiras indican as boas condicións climáticas da zona.

Preto do seu encontro co río Pambre, o río Ulla conta cos Torrentes de Mácara, unha serie de rápidos, fervenzas e pozas de gran valor estético nunha contorna de abondosa vexetación. O retorno cara ao norte leva a Sambreixo, pequena aldea na ribeira do Pambre.

SERRA DA PRUÍDA

A serra da Pruída é unha máis das incontables que conforman o macizo montañoso de Ancares. Localizada entre as serras de Larxentes e Liñares.

O núcleo de referencia para acceder á Pruída é Folgueiras de Aigas, punto de inicio deste itinerario. Aldea de montaña de carácter gandeiro, Folgueiras de Aigas (Navia de Suarna) atópase a unha altitude de 870 metros.

A ausencia de terreos de calidade agrolóxica e as duras condicións climáticas fixeron común unha práctica de transhumancia estacional pola cal no verán o gando subía aos pastos naturais e frescos dos cumios e no inverno procurábase refuxio nas aldeas. Para elo construíanse refuxios nas serras para pasar varios días e noites nos prados de montaña. Eses lugares son denominados brañas ou alzadas.

A serra da Pruída conta con varias desas alzadas: Redondo, Vispeiro, Xestoso. As amplas zonas de pasto e mato, por riba dos 1000 metros, eran aproveitadas polo gando de Folgueiras de Aigas.

VAL DO RAO

O val do Rao disponse encaixado entre varias serras ancaresas como Surcio, Riamonte ou Larxentes. O río Rao é un tributario do Navia pola súa marxe dereita ao superar Navia de Suarna.

No val do Rao os fortes contrastes altitudinais xeran unha gran variedade de usos coa correspondente diversidade textural. As serras lindantes teñen un rango altitudinal de1000- 1200 metros, mentres algunhas veigas no fondo de val apenas superan os 500 metros.

Saíndo de Embernallúas, río arriba, a sucesión de aldeas tradicionais (Prebello, Rao, Becerral) con coidadas agras contrasta con tramos de canón de paredes verticais.
O mosaico paisaxístico ten unha alta calidade estética, pola conservación da matriz paisaxística, a amplitude de vistas e o continuo fondo escénico dos cumios ancareses, nevados grande parte do ano.

Ponte medieval de Rábade, nas terras do Miño, refuxio da biodiversidade pola abundancia do bosque de ribeira | Turismo de Galicia
Ponte medieval de Rábade, nas terras do Miño, refuxio da biodiversidade pola abundancia do bosque de ribeira | Turismo de Galicia

ÍNSUAS DO MIÑO (I)

En Rábade o rio Miño foi sedimentando algúns dos seus meandros creando as chamadas Insuas do Miño. No caso de Rábade existen varias illas de diversos tamaños, tendo algunha varios quilómetros de lonxitude. O inicio da ruta realízase dende a ponte medieval, no linde entre Rábade e Outeiro de Rei.

A medida que se avanza a vexetación aumenta e nas primeiras insuas é notable o número de salgueiros, freixos, bidueiros e outras especies vexetais ligadas a ambientes húmidos.

A abondosa vexetación e a tranquilidade das insuas son ademais o contexto ideal para o acubillo de fauna, especialmente aves vinculadas ao medio acuático.

ÍNSUAS DO MIÑO (II)

O percorrido dende Piago permite transitar as ribeiras do Miño e contemplar a Insua de Arriba e a Insua de Abaixo, sendo a primeira accesible a través dunha ponte colgante.

Á combinación dos valores naturais asociados á paisaxe do río Miño cabe engadir unha vexetación con bosque de ribeira ben conservada conformada por bidueiros, freixos e salgueiros entre outros. Destacan tamén as carballeiras como a que ocupa a maior parte da Insua de Arriba, asociada con acevos, feitos e espadanas.

Este espazo forma parte da Reserva da biosfera Terras do Miño e do ZEC Parga-Ladra-Támoga, aluentes do Miño que aproveitan as planicies da Terra Cha para crear hábitats de grande importancia, relacionados sempre coa abundancia de auga.

A presión agrogandeira foi diminuíndo co tempo, permitindo a expansión das manchas de bosquetes autóctonos na contorna do río.

ENCORO DE SALIME

Negueira de Muñiz é un dos concellos máis singulares de Galicia e o de menor número de habitantes. Asentado no val do río Navia, entre Asturias e Galicia, conta cuns notables valores naturais, etnográicos e patrimoniais con destacados elementos como a igrexa da Santa María de Negueira.

O Encoro de Salime é unha presa do río Navia que comparten Galicia e Asturias.
Os valores ecolóxicos da contorna fan que, a pesar das diversas incidencias, este espazo conforme o ZEC de Negueira. A orografía da zona diicultou a construción da presa. As augas anegaron o val do Navia, incluíndo as ribeiras do enclave galego de Negueira de Muñiz. Diversas aldeas, igrexas ou agras produtivas quedaron anegadas. Outras quedaron incomunicadas (Ernes, O Foxo), xa que a crecida da auga cortou o sistema viario tradicional, polo que se estableceu un sistema de barcas que unía as

diferentes aldeas, sendo aínda hoxe utilizado entre O Foxo e o embarcadoiro de Seira, a carón da capela da Veiga.

PASEO FLUVIAL DO MIÑO

Sendeiro luvial polo tramo urbano do río Miño en Lugo. O percorrido atende a aspectos ambientais e urbanísticos conectando o barrio tradicional da Ponte con Adai.
A progresiva urbanización do territorio provocou a penetración progresiva dos núcleos urbanos nos rurais. O impacto case nunca foi positivo dado que, fronte á posibilidade de crear áreas de contacto marcadas pola harmonía, xeráronse outras nas que domina a desorde.

A Ponte é un barrio tradicional da cidade de Lugo localizado na contorna do río Miño. Precisamente a ponte que lle dá nome actuou como xerme do asentamento aproveitando o eixe viario do camiño cara a Santiago de Compostela.

Na Ponte as características urbanas conviven coas rurais, feito que ten o seu máximo expoñente nas diferentes tipoloxías de ediicación.
A presenza de hortas combínase coa de espazos urbanizados, polo que é frecuente atopar disfuncións e contrastes, especialmente en canto ás diversas dotacións e a súa distribución.

Pola súa banda Adai, no outro extremo do percorrido, estase a converter nun núcleo residencial próximo á cidade pero que mantén o seu pulo rural.
O río Miño actúa como conector, tanto no senso ecolóxico como no social, ao permitir os seus paseos a integración na cidade de diversos barrios e entidades.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba a entrega do novo polígono industrial de Cospeito e a ampliación dos hortos urbanos do río Rato

A Xunta de Goberno da Deputación anunciou este venres a aprobación do "último paso administrativo"...

A asociación Lugo Monumental pide que non se afesten servizos públicos do centro, como a Comisaría

A asociación Lugo Monumental dirixiuse ao Concello, á subdelegación do Goberno e ao Ministerio...

A irmá da muller asasinada en 2016 polo “mal funcionamento” da Casa da Muller de Lugo recorrerá ao TSXG

Martina Gómez Nieto, irmá da muller asasinada polo seu esposo no municipio de Becerreá...

Investigan a un menor de 14 anos que conducía un coche sen carné en Vilalba

Un menor de 14 anos foi interceptado en Vilalba conducindo un cuadriciclo lixeiro sen permiso...