InicioMedioambiente e PatrimonioO alcalde de Navia ve "un pouco raro" o incendio: "Nese lugar...

O alcalde de Navia ve “un pouco raro” o incendio: “Nese lugar non adoita haber problemas”

José Fernández di que podería tratarse dalgunha "neglixencia" ou dun suceso "intencionado".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio forestal declarado na parroquia de Queizán, no concello de Navia de Suarna, produciuse “nun lugar onde non adoita haber problemas” relacioinados co lume.

Así o destacou o rexedor municipal, José Fernández, que sinalou que aínda non se coñecen as causas dun incendio que foi extinguido ás 02:00 horas da madrugada deste xoves tras arrasar case 20 hectáreas. 

O alcalde insiste en que non se sabe como se orixinou, e apunta que podería ser por “algunha neglixencia” ou ben tratarse dun episodio “intencionado”. En todo caso, fala de que o suceso foi “un pouco raro”, porque “facía moito tempo que non había lume por aí”.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...