InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación presentará en abril o proxecto do Parque Central de Galicia...

A Deputación presentará en abril o proxecto do Parque Central de Galicia ante os veciños de Antas

O 'quilómetro cero' de Galicia será acondicionado como lugar de natureza e lecer.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, prevé presentar o próximo 17 de abril o proxecto do Parque Central de Galicia nun acto aberto a todos os veciños de Antas de Ulla.

Diso informou este mércores a institución provincial, que explica que José Tomé mantivo este mércores senllos encontros no Pazo de San Marcos co alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, e co presidente do Instituto de Estudos Ulloáns, Frascisco Pardo, para explicarlles este proxecto que impulsa a institución provincial no centro xeográfico galego, situado no lugar de Nugallás, na parroquia de San Fiz de Amarante.

Nos encontros, nos que tamén participou a deputada Pilar García Porto, Tomé destacou que o obxectivo da Deputación é crear un grande espazo público de lecer e natureza no ‘quilómetro cero’ de Galicia, acondicionando e pondo en valor este lugar, iniciativa que dinamizará o emprego e a economía do municipio de Antas de Ulla, da comarca e do conxunto da provincia.

“Este ambicioso proxecto suporá un revulsivo turístico e económico para a comarca da Ulloa e para o resto da provincia, enmarcado no forte compromiso da Deputación polo reequilibrio territorial e a fixación de poboación na contorna rural, creando novos postos de traballo e dinamizando a actividade económica”, destaca o mandatario provincial.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...