InicioMedioambiente e PatrimonioAlertan dun 'boom' de eucaliptos para eludir a súa próxima prohibición nalgunhas...

Alertan dun ‘boom’ de eucaliptos para eludir a súa próxima prohibición nalgunhas zonas

O Sindicato Labrego Galego afirma que están a recibir "numerosas queixas" nas súas oficinas comarcais "sobre persoas propietarias de leiras que están a realizar novas plantacións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistrou un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal “advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impor unha moratoria na plantación de eucaliptos en Galicia”, informa.

Esta organización apoia a moratoria, pero argumenta que a mesma debe establecerse “de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, pola contra, podería provocar un resultado oposto ao pretendido: que aumente aínda máis a superficie de eucalipto”.

Respecto diso, afirma que están a recibir “numerosas queixas” nas súas oficinas comarcais “sobre persoas propietarias de leiras que están a realizar novas plantacións para eludir a moratoria, mesmo en leiras de uso agrícola”, unha situación que vincula coa “inacción” da Consellería de Medio Rural en relación ás infraccións por forestación de terras agrarias.

En base a estes argumentos, o SLG pide que se intensifiquen as tarefas de seguimento e control das plantacións ilegais, “reforzando os recursos para tal fin, en especial nos distritos forestais, que se faga cumprir a lexislación actual, e que se definan, canto antes, as medidas concretas sobre a moratoria de plantación” desta especie en Galicia.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...