InicioMedioambiente e Patrimonio'Lugo Cidade Viva', unha nova publicación para informar sobre o cambio climático

‘Lugo Cidade Viva’, unha nova publicación para informar sobre o cambio climático

A newsletter sumarase ás campañas educativas que está xa a realizar o executivo de Lara Méndez a través do LIFE Lugo+Biodinámico nos centros escolares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno de Lara Méndez editará unha newsletter para achegar á cidadanía actualidade e información sobre actuacións e propostas de vangarda no ámbito do medio ambiente e a loita contra o cambio climático co obxectivo de sensibilizar e concienciar á poboación.

O novo boletín electrónico, que se publicará baixo o título Lugo Cidade Viva, terá unha periodicidade quincenal e abordará cuestións relacionadas coas novas prácticas e políticas de desenvolvemento urbano sostible que se están a executar no municipio de Lugo e no resto de cidades referentes do mundo.

A través desta newsletter, sostén a alcaldesa Lara Méndez, “queremos facer partícipe deste novo paradigma a todos os e as lucenses achegándolles as últimas novas sobre os avances que Lugo e o resto de cidades están a levar a cabo para ser máis resilientes fronte á emerxencia climática, así como información de como a cidadanía pode contribuír na loita contra o cambio climático no seu día a día”.

Deste xeito, o Concello busca implicar á cidadanía para crear conciencia social sobre un problema que afecta a toda a poboación como é o cambio climático e a contaminación atmosférica, partindo da premisa de que o coñecemento e a educación ambiental son fundamentais para entender as responsabilidades individuais e colectivas, así como os beneficios de coidar e preservar os recursos naturais dos que dispoñemos.

O proxecto Lugo Cidade Viva contará ademais cunha páxina web a través da cal os interesados poderán subscribirse ao boletín: http://lugocidadeviva.gal/, e tamén disporá de perfís en Facebook (/lugocidadeviva) e Instagram (@lugocidadeviva) nos que se compartirá contido relacionado coa temática medioambiental.

AGASALLOS

co obxectivo de difundir esta iniciativa e contribuír á consecución dun Lugo máis verde, as primeiras 450 persoas que se subscriban á newsletter e así o soliciten recibirán como agasallo un castiñeiro procedente do souto do novo bosque urbano de 21 hectáreas.

Este novo espazo verde, no que o campus universitario de Lugo estivo a traballar este tempo co fin, non só de coidar a biodiversidade, senón tamén para estudar como mellorar a produción e a calidade dos recursos naturais vinculados ao deseño das cidades sustentables do futuro, abrirase este ano ao público.

ÚLTIMAS

Tomé dá por resolta a crise no PSOE de Lugo: “Foi unha situación insólita”

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, deu por resolta a crise no PSOE...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia xa é Ben de Interese Cultural

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, que se celebra en Lugo este domingo,...

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...