InicioMedioambiente e PatrimonioA Domus do Mitreo amplía a súa exposición con pezas que reforzan...

A Domus do Mitreo amplía a súa exposición con pezas que reforzan a pegada romana

O Museo de Viladonga colabora na restauración de ánforas, moedas e outras pezas de metal, vidro e cerámica

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Museo Universitario A Domus do Mitreo, en Lugo, está a ampliar a súa exposición permanente grazas á incorporación de novas pezas ata o de agora descoñecidas.

Segundo informou a propia Universidade de Santiago de Compostela, a ampliación dos fondos exhibidos na Domus do Mitreo avanza grazas á colaboración co Museo do Castro de Viladonga, encargado do depósito do material arqueolóxico achado durante as escavacións do solar que agora ocupa o Museo Universitario.

A directora do Museo Universitario A Domus do Mitreo e profesora da área de Historia Antiga da USC, Dolores Dopico, explicou que o equipo de restauradores do Castro de Viladonga xa completou a restauración dalgunhas pezas de cerámica, vidro e metal, que se atopaban “nun estado penoso”. Terminados os traballos de restauración, as pezas serán exhibidas nas vitrinas da sala de exposición do Museo Universitario.

Na actualidade, xa se pode ver unha das ánforas recuperadas, “cuxa restauración foi pouco menos que un milagre”, dixo Dopico, así como algunhas moedas e diversas pezas metálicas.  “A exposición irá sendo ampliada co paso do tempo”, dixo Dopico, dado o “complexo e laborioso” que resulta a recuperación dese material arqueolóxico. “Aínda faltan moitos elementos de cerámica e todo o vidro”, lembrou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...

O Concello de Lugo entrega licenza de primeira ocupación do Polígono 2 da Louzaneta

O Concello de Lugo entregou o primeiro título de primeira ocupación correspondente ao Polígono...