InicioSociedadeUnha foto dos Ancares ilustra un calendario de National Geographic

Unha foto dos Ancares ilustra un calendario de National Geographic

Unha imaxe tomada por Óscar Doral no castro de Santa María aparece no almanaque promovido pola Rede de Reservas da Biosfera de España.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha fotografía dos Ancares Lucenses aparece incluída nun calendario do 2021 editado pola Rede Española de Reservas da Biosfera en colaboración coa prestixiosa National Geographic. A imaxe, que ilustra o mes de marzo, titúlase ‘Ocaso castrexo’ e foi tomada no castro de Santa María de Cervantes por Óscar Doral, un dos gañadores do IV Concurso de Fotografía das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses

Trátase da única representación das Reservas galegas que figura no calendario editado por National Geographic e foi escollida entre os 52 territorios de toda España que contan con este recoñecemento da UNESCO.

O presidente da Deputación, José Tomé, destaca que a iniciativa “contribuirá á proxección da riqueza medioambiental da nosa provincia a nivel nacional e internacional, algo especialmente importante nestes momentos de crise provocada pola pandemia”.

A publicación conmemora o 50º aniversario do programa Persoa e Biosfera (MaB), que se celebra este ano.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...