InicioMedioambiente e PatrimonioO TSXG anula o acordo da Xunta para modificar o parque eólico...

O TSXG anula o acordo da Xunta para modificar o parque eólico da Serra do Oribio

Considera que a declaración ambiental do 2005 resulta "obsoleta" para amparar o proxecto do 2018 debido á especial protección da zona Ancares-O Courel.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou e deixou sen efecto, por non ser conforme a dereito, o acordo aprobado polo Consello da Xunta -o 27 de xuño de 2019- para a modificación do proxecto do parque eólico Serra do Oribio, situado na Zona Especial de Conservación (ZEC) Os Ancares-O Courel.

O alto tribunal estima en tres sentenzas os recursos interpostos pola Asociación Ecoloxista Verdegaia; a Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo; e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Fundación Oso Pardo (FOP) e Sociedade Galega de Ornitoloxia. 

CADUCADO E OBSOLETO

Os maxistrados argumentan nas resolucións que o plan 2007-2009 do parque estaba caducado. “O proxecto autorizado pola resolución de 31 de maio de 2007, coa Declaración de Impacto Ambiental (DIA) aprobada o 12 de agosto de 2005, non foi construído, nin instalado. A resolución que o autorizaba indicaba que o promotor tería un prazo de 12 meses contados a partir da data de ocupación dos terreos para a posta en marcha da instalación”, indican os xuíces.

A DIA de 2005, segundo o alto tribunal, resulta “obsoleta para amparar a avaliación ambiental do proxecto modificado de 2018, polos múltiples e variados cambios lexislativos e de catalogacións de especial protección do terreo, non podendo entenderse validada por unha prospección vía informes gubernativos”.

O terreo, segundo consta nas resolucións, ten a cualificación de espazo natural protexido como zona de conservación da Zona de Especial Protección (ZEC) Os Ancares-O Courel e de Rede Natura 2000. O TSXG lembra que nesas áreas “non están permitidos os parques eólicos, excepto a repotenciación dos xa existentes, conforme ao Plan Director da Rede Natura”.

O tribunal entende que o parque eólico de Oribio non se pode considerar “existente” para a súa excepcional autorización, xa que “non se comezou a executar o proxecto de 2007-2009, non estando en explotación, nin instalados aeroxeradores”. Por iso, conclúe que non pode “modificarse o que non existe”. 

As sentenzas, coas que discrepa un dos maxistrados, quen emitiu un voto particular, poden ser recorridas en casación.

A XUNTA DEFENDÍA QUE TODO ESTABA “EN REGRA”

Hai pouco máis dun ano, o daquela director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces -recentemente cesado no seu cargo-, defendía nunha comisión do Parlamento galego que o parque “cumpre todo o procedemento administrativo” e ten “todas as autorizacións en regra”.

En resposta a unha pregunta do Bloque, Tahoces lembraba que este parque ten unha autorización administrativa que data de 2007, “emitida por unha consellería gobernada polo BNG”, que está “plenamente vixente”, e unha declaración de impacto ambiental “tamén emitida por esa Xunta en 2005 e plenamente vixente”. “Todas as autorizacións administrativas que vostedes ditaron atópanse plenamente vixentes”, sostiña fai máis dun ano.

ÚLTIMAS

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Deteñen un home en Lugo despois de agredir cun coitelo a un sobriño

A Policía Local de Lugo detivo na tarde do pasado luns, 13 de outubro,...