InicioMedioambiente e PatrimonioRisco de inundacións nos ríos Ser e Ladra, ao seu paso por...

Risco de inundacións nos ríos Ser e Ladra, ao seu paso por Navia e Lugo

O desxeo da nevada da fin de semana pasada, así como as copiosas precipitacións, provocaron un incremento no caudal fluvial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O aumento significativo do caudal dos ríos Ser e Ladra, ao seu paso por Navia de Suarna e Lugo, respectivamente, obrigou a activar o Plan Especial de Risco por Inundacións en Galicia, ademais de recomendarlle á poboación que adopte as correspondentes precaucións na contorna de ambos cursos fluviais.

Segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), os sistemas de control e seguimento da Confederación Hidrográfica do Cantábrico observaron “un aumento significativo do caudal do río Ser ao seu paso por Vallo”, en Navia de Suarna.

Como consecuencia do desxeo da nevada da fin de semana e das copiosas precipitacións, “é previsible a crecida do curso fluvial nas próximas horas”, polo que foi preciso activar o aviso por risco de inundacións.

EN ÍNSUA

Así mesmo, a Xunta de Galicia puxo en marcha o mesmo plan como consecuencia do incremento de caudal do río Ladra ao seu paso por Ínsua, no municipio de Lugo. “Os sistemas de observación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil están a detectar niveis significativamente altos”, precisa a Axega, “o que fai previsible a crecida do río”.

En ambos casos, recoméndase á poboación que adopte as correspondentes medidas de protección se se atopan nas proximidades de ambos os ríos para evitar ser sorprendidos por un “aumento repentino do caudal”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...