InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo instalará máis de 1.500 paneis fotovoltaicos para lograr...

O Concello de Lugo instalará máis de 1.500 paneis fotovoltaicos para lograr un 52% de aforro enerxético

O Concello de Lugo instalará máis de 1.500 paneis fotovoltaicos para así lograr un aforro enerxético anual dun 52 por cento e unha rebaixa na factura da luz de 300.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo instalará máis de 1.500 paneis fotovoltaicos para así lograr un aforro enerxético anual dun 52 por cento e unha rebaixa na factura da luz de 300.000 euros.

Así o sinalou en rolda de prensa a propia alcaldesa, Lara Méndez, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos. Estes paneis fotovoltaicos montaranse nas dúas piscinas, no edificio administrativo do Seminario, na sede da Policía Local, e tamén nas estacións de tratamento e depuración de augas residuais, entre outros inmobles de titularidade municipal.

Esta iniciativa levarán a cabo tras unha subvención do Instituto para a Diversificación do Aforro Enerxético, que depende do Ministerio de Transición Ecolóxica, por un importe de 2,7 millóns de euros, aos que hai que engadir outros 700.000 que achegará a administración local.

Lara Méndez concretou que se acometerán oito proxectos como parte “dunha aposta decidida polo medio ambiente, por conseguir un Lugo máis verde e máis sustentable”. Ademais do aforro enerxético, a iniciativa permitirá “reducir a factura” e as emisións de CO2 (nun 74,5%) e a previsión é que o investimento este “amortizada” en “pouco máis de dous anos”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...