InicioMedioambiente e PatrimonioA borrasca 'Alex' deixa refachos de vento de 135 km/h en Muras...

A borrasca ‘Alex’ deixa refachos de vento de 135 km/h en Muras e de 132 km/h en Viveiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A borrasca ‘Alex’, que ten activados diversos avisos en terra e no litoral de Galicia, deixou entre a noite deste xoves e as primeiras horas deste venres refachos de vento de 135 quilómetros por hora na localidade de Muras e de 132,2 na poboación costeira lucense de Viveiro.

Así consta nos rexistros de Meteogalicia ata as 9,15 horas deste venres, recollidos por Europa Press, nos que se constata que os refachos máis intensos rexistráronse durante a noite do xoves co 135,3 km/h de Muras; 132,2 de Viveiro e 129,7 de Cedeira.

Ademais, durante a noite do xoves superáronse o 100 km/h en diversos puntos da montaña de Ourense (Manzaneda con 108,2 km/h e Carballeda de Valdeorras con 100 km/h), así como na de Lugo (Cervantes, con 103 km/h).

Tamén en zonas con altitude menor de 900n metros ‘Alex’ deixou refachos de 115,1 km/h na Pontenova (Lugo); Cariño (A Coruña), con 101,7; e Lousame, con 97,8.

Nas primeiras horas deste venres –ata as 9,15 horas– o vento alcanzou o 125,1 km/h na Veiga; os 122,5 en Manzaneda; os 117,3 en Cervantes; 113,9 en Muras e 109,5 en Carballeda de Valdeorras, todos eles municipios con altitude maior de 900 metros.

Mentres, nos de altitude menor de 900 metros o vento deixou refachos de 101 quilómetros por hora en Bueu; 99,9 km/h en Viveiro; 98,8 en Burela; 97,6 en Lousame; e 96,9 en Friol.

CHOIVA

En canto ás precipitacións, que manteñen activado o aviso amarelo ata as 15,00 horas nas provincias da Coruña e Pontevedra e na montaña de Lugo e Ourense por choivas que poden superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas, deixaron na xornada do xoves 52,5 litros por metro cadrado en Ortigueira; 50,1 en Abadín; 45,8 en Cariño; 42,1 en Cotobade e 40,9 en Forcarei.

Nas primeiras horas deste venres as precipitacións acumuladas alcanzaron os 40,1 litros por metro cadrado en Vilariño de Conso; 33,9 en Cervantes; 24,2 en Manzaneda e 23,5 en San Xoán de Río.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...