InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo reclama unha aposta "decidida e exemplar" polo Servizo...

O PP de Lugo reclama unha aposta “decidida e exemplar” polo Servizo de Axuda no Fogar

Lembran que o Concello conta cun orzamento superior aos 121 millóns de euros e que a xestión deste servizo é de competencia municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular en Lugo esixe ao goberno local unha aposta “decidida e exemplar” polas persoas e polas traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), lembrando que o Concello conta cun orzamento superior aos 121 millóns de euros e que a xestión deste servizo é de competencia municipal.

A portavoz popular, Elena Candia, reclamou a aprobación inmediata de protocolos de prevención e protección que garantan a seguridade das traballadoras e dos usuarios, así como a negociación dun convenio propio que mellore as condicións laborais das profesionais do SAF.

Neste sentido, lembrou que en marzo de 2024 xa se aprobou en pleno unha proposta similar para o persoal de limpeza de edificios municipais, “pero un ano e medio despois o goberno local segue tramitando informes sen materializar ese acordo“. Candia recalcou que actualmente o número de traballadores supera os 200 e usuarios ao redor dos 500, “aínda que son datos que non están afinados porque non se nos dan ben”.

SITUACIÓN PRECARIA

Candia xustificou a iniciativa do PP en varios motivos: o vencemento do contrato o próximo ano, o que obriga a decidir se se mantén a privatización do servizo; a recente traxedia ocorrida no Porriño; e as continuas denuncias das traballadoras do SAF en Lugo, que alertan dunha situación de desprotección. Entre outras irregularidades, a popular desvelou a existencia dunha instrución interna que obriga ás traballadoras a esperar 15 minutos se o usuario non se atopa no domicilio.

Ese tempo, no que permanecen dispoñibles, pero non poden prestar o servizo por causas alleas, non se retribúe e queda rexistrado como débeda coa empresa, salvo o abono dos desprazamentos. “Chegáronnos testemuños con nomes e apelidos de traballadoras despedidas tras atravesar baixas médicas, o que demostra a precariedade coa que se está xestionando un servizo esencial”, denunciou Candia.

A portavoz popular lamentou que “PSOE e BNG, que presumen de defensores dos dereitos laborais, permitan esta situación no SAF de Lugo. Dime de que presumes e direiche de que careces”, ironizou.

O PP sostén que as súas demandas se apoian no marco legal vixente. En concreto, na Lei de Servizos Sociais de Galicia de 2008, aprobada polo bipartito, que establece no seu artigo 11, apartado f, como competencia municipal directa a xestión do SAF e a participación nas prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia. Candia, que recoñeceu non ter coñecemento en Lugo de ningún caso de risco ou abuso dos traballadores, non deixou de sinalar que “é deber das institucións adiantarse ás situacións e ser ejemplarizantes”.

Ademais, lembran que o Real Decreto de 16 de marzo de 2012 que desenvolve a citada lei sinala que este servizo debe cofinanciarse entre todas as administracións, o que reforza a obrigación do Concello de Lugo de garantir o seu correcto funcionamento.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...