InicioMedioambiente e PatrimonioCase toda a provincia de Lugo en extremo risco de incendios

Case toda a provincia de Lugo en extremo risco de incendios

Só se salva a comarca da Mariña

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Ourense, case toda a de Lugo, agás a comarca da Mariña, así como o sur de Pontevedra estarán este luns en nivel extremo de risco ante incendios forestais

Así figura no mapa do índice de risco diario de incendio (IRDI) que publica a web da Consellería do Medio Rural en base a factores como a seca, o estado de matogueiras e pastos e as condicións de humidade, de temperatura e de vento.

Deste xeito, toda a provincia de Ourense, que ao longo do fin de semana rexistrou once incendios que arrasaron case 6.700 hectáreas, e a práctica totalidade de Lugo e a metade sur de Pontevedra estarán este luns no máximo nivel de alerta.

As áreas que presentan un risco menor, aínda que alto, son as comarcas do norte pontevedrés e toda a provincia da Coruña, fóra dalgúns puntos da Costa da Morte e do litoral cantábrico, que terán un risco moderado. Tamén contarán cun nivel moderado de alerta a comarca da Mariña, no norte de Lugo, aínda que a probabilidade de que se produzan incendios aumenta cara ao interior.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...