InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello adianta a campaña de control de estorniños despois de detectar...

O Concello adianta a campaña de control de estorniños despois de detectar 35.000 exemplares no Parque da Milagrosa

Tamén se localizou un grupo reducido de aproximadamente 2.000 aves na Avenida Ramón Ferreiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Executivo de Lara Méndez, a través da concellaría de Medio Ambiente, comezou xa este mes a campaña anual de control de estorniños, o que supón iniciala cun mes de antelación a anos anteriores, tras detectarse unha concentración de 35.000 exemplares no Parque da Milagrosa / Frigsa. Tamén se localizou un grupo reducido de aproximadamente 2.000 aves na Avenida Ramón Ferreiro.

O edil de Medio Ambiente, Alvaro Santos, lembra que Frigsa é unha das localizacións historicamente máis afectadas, “na que tentan asentarse os estorniños ao comezo da tempada. Considérase un dos dormideros primarios da cidade para estas aves, aínda que os traballos inclúen outros parques e zonas verdes da cidade afectados tamén pola súa presenza”, sostén.

Quixemos así atallar estas primeiras molestias e adiantarnos á chegada da primeira onda de exemplares de estorniño pinto (Sturnus vulgaris) procedentes do centro e norte de Europa, que adoita producirse en setembro e outubro, momento en que as dúas poboacións se unirán e poderán afectar a múltiples zonas verdes por toda a cidade”, aclara Santos.

XORNADAS DE CONTROL

Realizáronse xa 7 xornadas de traballo destinadas á avaliación inicial, vixilancia e traballos intensivos de control. Para conseguir a expulsión dos grupos de estorniños dos dormideros urbanos, os técnicos especialistas en control de fauna utilizan sistema de sons de alarma fixos e móbiles, voos de intimidación de aves rapaces adestradas e outras técnicas complementarias, co fin de asustar e escorrentar aos estorniños que se atopen durmindo nos mesmos, variando as metodoloxías de control segundo as necesidades do servizo en cada momento e localización, até conseguir a súa expulsión completa ou até minimizar o máximo posible a súa presenza.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...