InicioMedioambiente e PatrimonioA Cova de Furco, en Becerreá, un importante enclave arqueolóxico convertido nun...

A Cova de Furco, en Becerreá, un importante enclave arqueolóxico convertido nun vertedoiro de lixo

Patrimonio dos Ancares denuncia o estado desta cova, unha das poucas da comarca nas que se documentou presenza humana durante a Prehistoria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Patrimonio dos Ancares denuncia o estado no que se atopa a Cova de Furco, en Becerreá, cuxo acceso se ve practicamente impedido debido á cantidade de lixo depositada no seu interior.

Esta “desagradable sorpresa” foi descuberta este luns 2 de xuño, cando varios integrantes da asociación visitaron a cova para comprobar o seu estado antes de solicitar ás administracións públicas os correspondentes traballos arqueolóxicos que determinen a antigüidade dos distintos períodos de ocupación.

Alí puideron comprobar a acumulación de lixo vertido no interior da boca da cova “durante anos”, a pesar de estar catalogada e protexida por Patrimonio dende o 1991. Por este motivo, Patrimonio dos Ancares xa prepara un informe dirixido á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e ao Concello de Becerreá para que se proceda á limpeza da cova e ás actuacións para o seu estudo e posta en valor.

Segundo explica o colectivo Patrimonio dos Ancares, a importancia desta cova non é menor. Entre a decena delas que existen na comarca dos Ancares, só se documentou presenza humana na Prehistoria na de Furco e na de Valdavara, tamén en Becerreá. Foi a través do achado nos anos 30 do século pasado de anacos de hastas de animais, ósos humanos ou pezas metálicas, sinala Xabier Moure, presidente da asociación. Mesmo hai referencias de presenza de pinturas rupestres.

A CANTEIRA QUE DESTRUÍU UN CASTRO

Por outra parte, a agrupación sinala outro dato de interese relacionado con esta cova. A principios do ano 2000, informan, a Consellería de Industria ditou unha resolución pola que se fixo pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da canteira de Furco, onde había varias covas. Daquela, establecéronse unha serie de cautelas, como o control de voaduras ou a prohibición de explanacións.

Porén, a explotación desta canteira xa provocou no seu momento “a destrución total dun dos castros máis espectaculares, pola súa tipoloxía, da comarca dos Ancares”. Documentos fotográficos de mediados dos anos cincuenta revelan que era de forma elíptica, cunha lonxitude de 170 metros, unha anchura máxima de 75 e “unhas potentísimas murallas”.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...