InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigan un veciño de Pedrafita por queimar o monte para convertelo en...

Investigan un veciño de Pedrafita por queimar o monte para convertelo en pastos

O sospeitoso está relacionado cun incendio que queimou 0,3 hectáreas de monte raso en Lousada, na parroquia de San Vicente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- Axentes da Policía Autonómica imputaron como investigado a un veciño de Pedrafita do Cebreiro por prender lume no monte para conseguir máis superficie de pastoreo.

A investigación, desenvolvida coa colaboración de axentes ambientais do Distrito VII A Fonsagrada-Os Ancares, céntrase nos feitos producidos o pasado 13 de marzo en Lousada, na parroquia de San Vicente. Alí, o lume afectou a 0,3 hectáreas de monte raso.

Segundo a investigación, o sospeitoso decidiu valerse do lume para “eliminar vexetación” e “ampliar a zona de pastoreo”. Supostamente incumpriu a normativa en vigor, porque non dispoñía de autorización para efectuar a queima e, ademais, aplicou directamente o lume “ao pé” das matogueiras.

CASO SIMILAR EN BARALLA

Trátase do segundo incendio esclarecido esta semana nese municipio da Montaña de Lugo. O outro está relacionado co concello de Baralla, onde un veciño está a ser investigado como o suposto autor dun incendio en San Pedro de Sixirei.

As dilixencias quedaron en mans do Xulgado de Becerreá. Na actual campaña contra os incendios forestais foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica oito persoas. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...