InicioMedioambiente e PatrimonioO pulmón verde da provincia, recoñecido internacionalmente pola xestión sostible dos seus...

O pulmón verde da provincia, recoñecido internacionalmente pola xestión sostible dos seus recursos

A Devesa da Rogueira é o primeiro bosque español e o segundo europeo en recibir esta distinción que outorga a organización Forest Stewardship Council (FSC).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Devesa da Rogueira, na Serra do Courel, é o primeiro bosque en España e o segundo en Europa en recibir a certificación da organización internacional Forest Stewardship Council (FSC) pola “exemplar xestión sustentable dos seus recursos”, así como pola súa “conservación da biodiversidade”.

As 615 hectáreas deste monte veciñal de Folgoso sitúanse como a maior contorna forestal e o corazón verde da Serra do Courel. Os seus veciños viron “recoñecidos os esforzos por conservar a rica biodiversidade” da zona, segundo sinalou a presidenta de FSC España, Genoveva Canals, encargada de entregar o certificado este martes.

En concreto, destácase o “uso de boas prácticas silvícolas acordes coa conservación da biodiversidade” e abre a posibilidade a recibir investimentos, públicos ou privados, que “axuden a manter a súa extraordinaria riqueza natural”, tal e como explica FCS España nun comunicado.

Podes ler a información completa no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...