InicioMedioambiente e PatrimonioBalseiro insta a Lara Méndez a fixar "día e hora" para ter...

Balseiro insta a Lara Méndez a fixar “día e hora” para ter un debate “serio” sobre o cuartel de San Fernando

O delegado territorial da Xunta en Lugo critica o Concello por "caer en contradicións": "Se esixen a implicación da Xunta, terán que deixarnos opinar".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, instou á alcaldesa da cidade a fixar “día e hora” para manter un debate “serio, reflexivo e útil sobre o futuro do cuartel de San Fernando”. A idea é confrontar as diferentes propostas que defenden a Xunta e o Concello para a rehabilitación do edificio.

“Nós estamos convencidos de que temos un proxecto que contribuirá á dinamización económica da cidade” e é “o único que vén avalado por un estudo previo”, destacou Balseiro, acerca da suxestión de crear un parador no antigo cuartel. “Estamos dispostos a defendelo en calquera foro ao que sexamos invitados”.

Nese sentido, o delegado lembrou que nin o Concello nin a Plataforma que apoia a creación do MVRO (Museo da Romanización) no vello cuartel quixeron participar nunha mesa redonda que tivo lugar na Delegación Territorial o pasado sábado. “Non lles facía falta enviar espías, porque estaban expresamente invitados“, ironizou José Manuel Balseiro.

Aos seus ollos, as críticas do Concello acerca de dito acto baséanse no “nerviosismo” e na “ausencia de argumentos”. Ademais, acusou a entidade local de “caer en contradicións con respecto á rehabilitación do cuartel porque, se esixen a implicación da Xunta, terán que deixarnos opinar”.

Para concluír, o delegado anunciou que continuará coa rolda de xuntanzas que está a manter co tecido asociativo do municipio para explicar o proxecto de impulso do turismo cultural que promove a Consellería de Cultura e Turismo en Lugo. Hoxe mesmo terá unha reunión  con representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo. “Facémolo para explicar o noso proxecto, para que todas as persoas interesadas teñan elementos de xuízo, pero sen comprometer a ninguén; nós non lles pedimos que se posicionen”.

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...