InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta retira a prohibición de plantar patacas en Abadín

A Xunta retira a prohibición de plantar patacas en Abadín

O DOG publica unha resolución pola cal permite o cultivo de pataca en nove concellos afectados pola couza guatemalteca, aínda que seguirán baixo control. Vilalba e Xermade adquiren o status de zonas libres de couza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución que levanta a prohibición de plantar pataca en nove concellos das provincias de Lugo e da Coruña afectados pola couza guatemalteca. Na nosa provincia, esta medida inclúe os municipios de Abadín e Ourol.

A resolución deixa de considerar nove localidades como zonas infectadas pola couza, ao non rexistrar ningunha captura nos dous últimos anos. Agora pasan a ser zonas tampón, de maneira que se lles permitirá plantar pataca mentres se realiza un seguimento exhaustivo por parte da Consellería, que manterá as demais medidas de control e vixilancia previstas na lexislación.

Ademais, a resolución do DOG exclúe varios concellos da denominada zona tampón. Así, na provincia de Lugo, Xermade e Vilalba adquiren o status de zona libre de couza e deixan de estar sometidos a control por parte da Consellería.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...