InicioMedioambiente e PatrimonioA praga de ratas xa afecta a oito concellos da provincia de...

A praga de ratas xa afecta a oito concellos da provincia de Lugo

Case todos os concellos dos Ancares e algúns do Courel sofren a presenza destes roedores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A praga de ratas xa afecta a oito concellos da provincia de Lugo. En total, a superficie prexudicada sitúase nas 1.629,63 hectáreas nun total de 2.995 parcelas.

Así o reflicten as declaracións de danos feitas polos propios afectados. Determinouse que os concellos lucenses que sofren a presenza de ‘ratas topo’ son As Nogais, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela. Con esta información, técnicos da Consellería do Medio Rural desprazaranse de novo á zona damnificada para determinar a poboación de roedores e avaliar as posibles medidas a adoptar, sempre de acordo coa normativa vixente.

SOLUCIÓNS DA XUNTA

Segundo lembrou a Xunta o un comunicado, o persoal da Consellería xa traballou sobre o terreo no pasado novembro. Naquel momento, os gandeiros e agricultores afectados comprometéronse a trasladar os datos de incidencia despois da ponte da Constitución. Posteriormente, eles mesmos solicitaron que se ampliase ese prazo, de maneira que quedou fixado para despois de Reis.

A partir de agora volverán manterse reunións cos afectados para avaliar e acordar as medidas a aplicar. Así, analizaranse os diferentes métodos de loita contra este animal, sempre que estean permitidos pola lexislación e que sexan compatibles coa actividade gandeira e co medio ambiente. Os afectados trasladaron á Xunta que as medidas a levar a cabo non terían efecto en períodos de choiva nin de neve, unhas condicións que se mantiveron desde novembro de 2019 ata practicamente finais do pasado ano.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...