InicioMedioambiente e PatrimonioComeza a loita contra a "parietaria xudaica", a especie que coloniza a...

Comeza a loita contra a “parietaria xudaica”, a especie que coloniza a Muralla de Lugo

A Xunta ensaia con "aceite" para limpar este monumento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo iniciou xa as probas con aceites esenciais para tratar de evitar a proliferación da vexetación entre as pedras da Muralla romana de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade.

A Xunta de Galicia ten previsto realizar “un ensaio masivo” con este tipo de sustancias, en principio con ourego e tomiño, pero as probas comezarán en dous puntos concretos, fronte á propia Delegación Territorial da Administración autónomica e nunha zona da Rolda da Muralla próxima á antiga sede do Catastro, onde xa comezou a colocación de estadas e redes de seguridade.

Tomouse a decisión de iniciar en ensaio neste momento porque a planta presenta unha xerminación máis abundante no outono e a principios de inverno, cando os muros están máis húmidos. A Xunta baralla a posibilidade de realizar dúas aplicacións diferentes, unha en novembro e outra en xaneiro.

Os estudos preliminares, aclarou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, indican que “pode ser un método válido”, especialmente contra unha das especies que invade a miúdo os lenzos e o adarve da muralla, a “parietaria xudaica”, que supón o 90 ou o 95% das plantas que crecen no monumento.

En principio, a idea é estudar a evolución deste tratamento, que en probas previas revelouse como eficaz para conter a germinación de plantas entre as pedras da Muralla, durante catro meses, co fin de avaliar a súa eficacia.

No desenvolvemento deste proxecto colabora a Universidade de Santiago de Compostela, a través do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría, que depende da unidade de Botánica do campus de Lugo.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...