InicioLugo e contornaLugoO BNG avisa de que a protección da Serra do Iribio corresponde...

O BNG avisa de que a protección da Serra do Iribio corresponde á Xunta para “non destruílo”

A formación nacionalista celebra o fallo do TSXG ademais de indicar que un estudo de impacto medioambiental de hai catorce anos non xustifica a destrucción dun espazo de Rede Natura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG Olalla Rodil advertiu á Xunta de que a Serra do Oribio é un espazo natural protexido por cuxa conservación “ten que velar” a Xunta e “non destruílo”.

Así o trasladou nun comunicado no que celebra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), aínda que sexa provisional, a raíz do recurso presentado pola plataforma ‘Salvemos O Iribio’.

Non en balde, Rodil remarcou a relevancia paisaxística e etnográfica desta zona da demarcación Ancares-Courel, e incidiu en que unha declaración de impacto ambiental de hai 14 anos “non pode xustificar a destrución dun espazo Rede Natura 2000 como Oribio”. Así as cousas, instou ao Executivo autonómico a “garantir o cumprimento das medidas cautelares impostas” polo TSXG.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...