InicioLugo e contornaOperación limpeza do Río Ladra en Outeiro de Rei

Operación limpeza do Río Ladra en Outeiro de Rei

A ponte de Uriz estará cortada ao tráfico o luns e o martes para retirar árbores que obstrúen o río Ladra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo manterá cortada ao tráfico a estrada provincial LU-P-5101 á altura da ponte de Uriz, en Outeiro de Rei, este vindeiro luns e martes para proceder á limpeza do río Ladra.

O Goberno provincial detectou que o leito do río está obstruído por varias árbores que se acumulan nos arcos da ponte e obstaculizan que a auga continúe co seu curso de xeito natural. Trasladoulle esa incidencia á Confederación Hidrográfica e será a vindeira semana cando se efectúen os labores de limpeza.

Durante estes dous días, os operarios de TRAGSA retirarán a maleza que tapona o río Ladra. Mentres se executan estas obras, o tráfico será desviado por vías alternativas que estarán debidamente sinalizadas. Estas indicacións situaranse na rotonda do polígono industrial de Rábade, no cinto comarcal de Begonte e nos accesos procedentes de Pena de Rodas, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.

Está previsto que as tarefas de limpeza rematen o martes, polo que a circulación de vehículos estará normalizada o mércores, 16 de outubro.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...