InicioMedioambiente e PatrimonioOs bosques da Ulloa, claves para entender por que hai que minimizar...

Os bosques da Ulloa, claves para entender por que hai que minimizar as plantacións de eucalipto

Científicos avisan de que Galicia necesita máis bosques autóctonos e menos eucalipto para evitar a perda de biodiversidade, logo dunha investigación feita nesta comarca luguesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

En 2018, investigadores dos departamentos de Bioloxía Funcional e Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela publicaron os resultados dun estudo que compara a biodiversidade en plantacións de eucaliptos e carballeiras da provincia de Pontevedra, nos concellos de Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo–Cotobade, Ponte Caldelas e Pazos de Borbén. O que atoparon foi que nas zonas dominadas por eucaliptais hai menos diversidade de especies de plantas e menos variedade e abundancia de aves que nos terreos nos que o rei é o carballo.

Pois ben, estes resultados vense agora confirmados por outro estudo similar feito, nesta ocasión, na área central de Galicia, na comarca da Ulloa. As conclusións ás que chegaron os autores desta investigación son tamén que nos bosques nativos hai unha maior riqueza de especies de aves e plantas que nos eucaliptais.

“Os nosos resultados mostraron que as plantacións de eucalipto constitúen un hábitat moito máis pobre para as plantas e as aves que os bosques nativos, cunha riqueza de especies significativamente menor en ambos os taxons e unha menor abundancia de aves”, afirman os investigadores.

En base a estes resultados, “tendo en conta a taxa actual de aumento das plantacións de eucalipto e a fragmentación dos bosques nativos” en Galicia, alertan de que “a falta de conservación dos bosques nativos podería dar lugar a unha perda futura de biodiversidade en xeral e de especies forestais especializadas en particular”.

INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

+ posts

ÚLTIMAS

Reunión entre López e Rueda para o vindeiro mércores que abordará as necesidades da provincia

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, manterá unha reunión o vindeiro mércores,...

Besteiro reclama o Museo da Romanización de Lugo como proxecto estratéxico para Galicia

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou ao presidente da Xunta,...

Unanimidade no Parlamento para desenvolver o polígono industrial de Muras

O Parlamento de Galicia pediu, por unanimidade dos grupos, que a Xunta "se comprometa"...

Vilalba levará un orzamento de 14 millóns de euros ao pleno do 26 de marzo

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que estas contas “responden a unha idea...