InicioMedioambiente e PatrimonioPrimeiros pasos para a peonalización da Rolda da Muralla

Primeiros pasos para a peonalización da Rolda da Muralla

Decenas de nenos e nenas participaron nas actividades organizadas polo Club Ciclista Cidade de Lugo no Día Europeo sen Coches. Unha xornada perfecta para comprobar como podería ser a peonalización da zona da torre da Mosqueira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Peonalización da rolda da Muralla. Ese un dos principais obxectivos do novo Executivo municipal de Lugo, tras a entrada do BNG en tarefas de goberno. Un proxecto que comezou a materializarse este domingo, durante o día europeo sen coches.

Así, desde a área de Mobilidade e Infraestruturas realizouse unha “demostración da futura peonalización da Mosqueira”. Malia as incidencias climatolóxicas, que obligaron a interromper a sesión vermú, o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, calificou a xornada como “un éxito”, marcando a boa acollida que tivo a acción por parte da veciñanza.

A xornada comezou ás 11:30 con actividades nas que participaron decenas de nenos e nenas a cargo do Club Ciclista Cidade de Lugo. A partir das 13h, estaba previsto que o grupo lucense Wicked World rendera tributo aos grupos de rock da década dos 70, 80 e 90 nunha sesión vermú, máis o concerto tivo que interromperse pouco despois do comezo debido á choiva.

Actividades na Torre da Mosqueira no día europeo sen coches no que se disfrutou dunha rolda da Muralla peonalizada / Concello de Lugo

Arroxo sinalou que “esta xornada foi unha oportunidade para desfrutar dun Lugo onde non se precise ter a muralla rodeada por vehículos”, e engadiu que “o recinto interior da Muralla é a zona monumental máis importante da cidade de Lugo e a día de hoxe conta con un valiosos elementos distinguidos como Patrimonio da Humanidade” e por iso “temos a responsabilidade de traballar para que a cidade e o seu casco histórico, ademais de ser un atractivo turístico, continúe sendo un espazo habitado no que lucenses e visitantes conflúan”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...