InicioMedioambiente e PatrimonioLicitan as obras de restauración da Igrexa de San Nicolás de Portomarín

Licitan as obras de restauración da Igrexa de San Nicolás de Portomarín

O templo, construído entre os séculos XII e XIII, ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC)

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo licitou os traballos de reparación, restauración e conservación preventiva da igrexa de San Nicolás de Portomarín, cun orzamento de 226.590 euros.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o templo para coñecer en detalle as actuacións. O obxectivo é resolver os problemas provocados pola filtración de humidades, polo que as melloras se centrarán nas cubertas e nos paramentos. Balseiro explicou que o prazo máximo de execución das obras será de seis meses, e as empresas interesadas en concorrer á licitación teñen de prazo ata o día 12 de agosto para presentar ofertas.

A intervención corrixirá a entrada de humidade que se produce a través das cubertas e os sistemas de evacuación das augas de chuvia, encontros coas torres e paseos de ronda xunto as ameas, así como as alteracións que como consecuencia desta situación poidan acusar as fachadas, en especial as portadas escultóricas.

Ademais, os traballos eliminarán a colonización biolóxica e outras patoloxías presentes nas fachadas e nos vitrais dos rosetóns, ademias de mellorar as instalacións de iluminación e ventilación do espazo baixo cuberta, entre outras actuacións. A obra está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

BEN DE INTERESE CULTURAL

Balseiro lembrou que a igrexa de Portomarín é un dos monumentos significativos do Camiño Francés e “a Xunta está a traballar na posta a punto do patrimonio no marco dos obxectivos do Plan Estratéxico do Xacobeo 21”.

A igrexa de San Nicolás ou de San Xoán de Portomarín ten a consideración de ben de interese cultural (BIC) coa categoría de monumento. Foi construída entre os séculos XII e XIII pola Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, seguindo a tradición dos antigos templos romanos adicados ao deus Jano.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...